O sábado 13 de setembro, celebrarase, ás 19:30 h, na Casa da Cultura de Porto do Son, a presentación de As vellas que non o eran, de José Manuel Fernández Pensado.
Acompañando o autor, estarán Alicia María Martínez Maneiro, concelleira de Cultura, e Xosé Manuel Varela Varela, docente e autor do prólogo.
Celebrarase un coloquio moderado por José Manuel Vázquez Lijó.
Organiza o Concello de Porto do Son.