O sábado 10 de maio, celebrarase, ás 19 h, no Salón do Voluntariado, en Muxía, unha presentación conxunta de As vellas de Mens, de José Manuel Fernández Pensado; e Cantareiras, de Xosé Manuel Varela e Icía Varela.
Conversa coordinada polo moderador Manuel Vilar Álvarez; acompañando os autores intervirán, Tino Maceiras, Pilar e Carmen Toba, Juan José Alvite Castiñeira.