O xoves 9 de xuño, celebrarase, ás 19 h, no Centro Cívico de Canido, en Ferrol, a presentación do libro As malas mulleres, Premio Blanco Amor 2020, de Marilar Aleixandre.
Acompañando a autora, estarán o xornalista Nicolás Vidal e Laura Couto (Fuco Buxán).