O luns 27 de xaneiro, celebrarase, ás 20 h, no MARCO de Vigo, unha conversa que leva por título "As benfaladas. Alternativas para confirmar o acceso da voz e do pensamento feminino na sociedade", arredor do libro de María Xosé Porteiro, organizada polo Club Faro de Vigo.
Acompañando a autora, estarán Priscila Retamozo, politóloga; Chis Oliveira, filósofa, profesora e escritora, e María Pereira, directora de Merlín Comunicación.