O martes 4 de novembro, celebrarase, ás 19 h, na Fundación Eugenio Granell, en Santiago de Compostela, a presentación de Arte dexenerada galega. Catro exemplos fóra da España saudable, Premio Manuel Murguía de Ensaio 2023, de Blanca Paula Rodríguez Garabatos.
Acompañando a autora, estará Encarna Otero, historiadora e política.