O mércores 4 de decembro, celebrarase, ás 20 h, na Barbería da Coruña, a presentación de Anos 80. Movida Atlantismo Vangardismo Underground, de Fernando Fernández Rego.
Acompañando o autor, estarán Xoán Piñón, fotógrafo (DOA / Meteoro), Xosé Manuel Pereiro, (Radio Océano), Chus Taboada (Voces de Ultratumba) e Xurxo Souto, músico.