O mércores 18 de decembro celebrarase, ás 19 horas, no salón de actos da Casa Galega da Cultura, de Vigo, sede da Fundación Penzol, un acto de homenaxe a ALFONSO ZULUETA DE HAZ con motivo do centenario do seu nacemento, en 1924. No transcurso do acto presentarase o libro Alfonso Zulueta. Unha humanidade vivida, coeditado por Editorial Galaxia, Editorial SEPT e a Fundación Penzol.
Na homenaxe intervirán: Manuel Puga, presidente do Padroado da Fundación Penzol; Silvestre Gómez Xurxo, presidente de SEPT; Rosario Álvarez Blanco, presidenta do Consello da Cultura Galega, e Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia.