O xoves 27 de febreiro, celebrarase, ás 11:30, no MUPEGA, en Santiago de Compostela, a presentación de A Investigación Educativa en Galicia 2015-2024, coordinado por Miguel Anxo Santos Rego.
No acto, acompañando o coordinador, estarán Román Rodríguez González, conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Antonio López Díaz, reitor da Universidade de Santiago de Compostela; e Xosé M. Soutullo, director de Editorial Galaxia.