O xoves 1 de febreiro, celebrarase, ás 20 h, no Clube de Lectura da Agra do Orzán, na Coruña, a presentación de 50 Aniversario. Fuxan os ventos. Quixo o paxaro pousar a pola no seu chío, de Mero Iglesias.
Acompañando o autor, estarán Iago P. Santalla, doutor en Humanidades, educador social e coach; Xulio Xiz, xornalista; e Xosé Quintas Canella, escritor, músico e cantor.
Contará coa interpretación musical dun grupo de zanfoñas, dirixido por Miro Casabella (Cántigas da Terra).