O xoves 16 de marzo, celebrarase, ás 19 h, na libraría Trama de Lugo, a presentación de 50 aniversario Fuxan os Ventos. Quixo o paxaro pousar na póla o seu chío, de Baldomero Iglesias.
Acompañando o autor, estarán Xulio Xiz Ramil, xornalista, e Marcos Calveiro, director de edicións de Editorial Galaxia.
O acto contará coa intervención musical de Tania Capón, voz e violín, Paloma Suánzes, voz e guitarra, e Yaiza Seijo, voz e violonchelo.