O mércores 15 de maio, celebrarase, ás 19 h, no Antigo Hospicio Municipal de Ferrol, a presentación de 50 aniversario Fuxan os Ventos. Quixo o paxaro pousar na póla o seu chío, de Mero Iglesias.
Acompañando o autor, participarán Bernardo Máiz, historiador; Xoán Rubia, músico e cantor; e Xulio Xiz, xornalista.
Contará coa interpretación musical do grupo de gaitas "O lado escuro" de Ferrol.