O venres 1 de decembro, celebrarase, ás 17 h, no espazo Arte do Culturgal, a presentación de Antes molabamos máis, libro que celebra o XX aniversario da marca Reizentolo.
Acompañando a Pablo Rodríguez, director creativo, estará Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.