Presentación arredor de “As vellas de Mens”, na Coruña

Data e hora de comezo: 23, Abril 2025 / 20:00
Data e hora de remate: 23, Abril 2025 / 21:00
Portas Ártabras
Rúa Sinagoga, 22
C.P. 15001
A Coruña

O mércores 23 de abril, celebrarase, ás 20 h, no local Portas Ártabras (Amigos dos Museos), na Coruña, a presentación de As vellas de Mens, de José Manuel Fernández Pensado.

Acompañando o autor, estarán Xosé Manuel Varela, autor do prólogo e docente; Felipe-Senén López Gómez, autor do epílogo, arquéologo e museólogo; e Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email