O venres 1 de decembro, celebrarase, ás 19 h, no espazo Arte do Culturgal, unha presentación arredor da nova colección Banda Deseñada de Editorial Galaxia.
Será unha conversa arredor das dúas novidades A brigada iridescente, de Elena Andrés; e Sentinelas da Lúa Carmesí, de Ozo Perozo, Andrés Castro e Alexandre Senande.
Estarán acompañados por Sara Valcárcel, responsable de Comunicación e Novos Proxectos de Editorial Galaxia.