O venres, 14 de novembro, ás 19:30 h, no Cine Municipal de Nigrán (Centro Comercial da Ramallosa), celebrarase a palestra Ramón Otero Pedrayo e a Editorial Galaxia.
A conferencia será impartida por Patricia Arias Chachero, profesora, investigadora e conselleira do Consello de Administración de Editorial Galaxia; e introducida por Antón Mascato, editor.