Letras Galegas 2024: Celebración dunha sesión Micro Aberto, na Coruña

Data e hora de comezo: 16, Maio 2024 / 19:00
Data e hora de remate: 16, Maio 2024 / 20:00
El Corte Inglés A Coruña
Rúa Ramón y Cajal, 57
C.P. 15006
A Coruña

O xoves 16 de maio, celebrarase, ás 19 h, na libraría de El Corte Inglés, na Coruña, unha sesión de Micro Aberto, para celebrar o Día das Letras Galegas.

Contará coa participación de autores da nosa casa como Abraham Pérez, autor de O paso en falso; ou Fernando Castro Paredes, autor de Entomoloxía para misioneiros, Premio García Barros 2023;  que participarán lendo algúns fragmentos das súas obras.

Comparte nas túas redes sociais ou por email