Letras Galegas 2024: Celebración dunha sesión Micro Aberto, en Santiago de Compostela

Data e hora de comezo: 16, Maio 2024 / 19:00
Data e hora de remate: 16, Maio 2024 / 20:00
C.P.

O xoves 16 de maio, celebrarase, ás 19 h, na libraría de El Corte Inglés, en Santiago de Compostela, unha sesión de Micro Aberto, para celebrar o Día das Letras Galegas.

Contará coa participación de autoras e autores da nosa casa como Marilar Aleixandre; autora de As malas mulleres, Premio Nacional de Narrativa; Beatriz G. Turnes, autora de Comando Sintrom; Abel Tomé, gañador do Premio García Barros 2024 con A noite do Oso;  que participarán lendo algúns fragmentos das súas obras.

Presentará o acto a escritora e xornalista Paula Señarís.

Comparte nas túas redes sociais ou por email