O venres 24 de abril, celebrarase, ás 10:45 h., no Hall do Teatre Principal de València, a mesa redonda Como se edita o teatro para a infancia e a mocidade?, dentro da Trobada profesional. O teatro tamén se le: lectura teatral para a infancia e a xuventude, integrada nas IX Xornadas de Creación de Artes Escénicas para a infancia e a xuventude. Participarán Marta Torres (SGAE), Jesús Galera (Ed. La máquina de nubes), Marcos Calveiro (Ed. Galaxia), Lola Fernández de Sevilla (ASSITEJ), Conchita Piña (Ed. Antígona) e Susana Lliberós (Edicions Bromera).