O 10 de abril, celebrarase, ás 19:00 horas, no Salón de actos do Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, a mesa de relatorios Otero Pedrayo. Literatura e paisaxe, coa participación de Dolores Vilavedra Fernández e María López Sández, que analizarán a relación entre territorio e creación literaria na súa obra.