O xoves 14 de maio, celebrarase, ás 11:30 horas, na Sede de Vigo da Deputación de Pontevedra, un encontro arredor das Letras Galegas 2026 co libro "Bego e o mundo do revés", de Iria Collazo, ilustrado por Alba Stinson.
Contará coa participación de Luísa Sánchez, a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra; Marcos Calveiro, director de Edición de Editorial Galaxia, e a ilustradora.