O venres, 7 de novembro, ás 19:30 h, no Cine Municipal de Nigrán (Centro Comercial da Ramallosa), celebrarase a inauguración das Xornadas Nigrán e Galaxia. 75 anos da Editorial Galaxia.
No acto, celebrarase tamén a apertura das exposicións Unha idea de Galicia e de liberdade. Francisco Fernández del Riego (1913–2010) e As caras dos libros de Carlos Casares, así como a proxección do audiovisual Crear porvir. 75 anos de Editorial Galaxia.
Intervirán Juan González, alcalde de Nigrán; Xosé Manuel Soutullo, director de Editorial Galaxia; e Carlos Méixome, coordinador das Xornadas.