O mércores 24 de setembro, celebrarase, ás 20:30 h, na Casa das Letras da Estrada, a inauguración da exposición Manuel Reimóndez Portela. O médico de San Miguel.
No acto, intervirán José López Campos, Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude; María Jesús Fernández Bascuas, comisaria da exposición; Xesús Domínguez, director de Produción de Editorial Galaxia; e Enrique Reimóndez Sanmartín, representante da familia.