Inauguración da Exposición “Luísa Villalta. A música das palabras”, en Santiago de Compostela

Data e hora de comezo: 12, Setembro 2024 / 13:00
Data e hora de remate: 12, Setembro 2024 / 14:00
Museo do Pobo Galego
Costa de San Domingos, s/n
C.P. 15703
Santiago de Compostela

O xoves 12 de setembro, celebrarase, ás 13 h, no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, a inauguración da exposición das Letras Galegas Luísa Villalta. A música das palabras. Unha mostra promovida pola Xunta de Galicia e o Concello da Coruña, comisariada por Xesús Domínguez Dono; deseño e maquetaxe de Hayat Husein; e producida por Merlín Comunicación (Grupo Editorial Galaxia).

No acto, participarán Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua; Anxo Lorenzo Suárez, director xeral de Cultura; Xesús Domínguez, director de Produción de Galaxia e comisario da exposición; Susana Villalta, irmá de Luisa Villata; e Concha Losada, presidenta do Museo do Pobo Galego.

Percorrido pola exposición a cargo de Xesús Domínguez, comisario da exposición.

Comparte nas túas redes sociais ou por email