Inauguración da exposición “Francisco Fernández del Riego. Cos ollos do seu espírito”, en Vigo

Data e hora de comezo: 15, Setembro 2023 / 17:00
Data e hora de remate: 15, Setembro 2023 / 18:00
C.P.

O venres 15 de setembro, celebrarase, ás 17 h, no Museo do Mar, en Vigo, a inauguración da exposición, que leva por título Francisco Fernández del Riego. Cos ollos do seu espírito, arredor do homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023, comisariada por Malós Cabrera e Malores Villanueva.

No acto, estarán, Marta Lucio, directora do Museo do Mar de Galicia; Malós Cabrera e Malores Villanueva, comisarias da exposición; Manuel Puga Pereira, vicepresidente primeiro de Editorial Galaxia e presidente da Fundación Penzol; Marta Fernández-Tapias, vicepresidenta primeira e deputada de Deportes e Cultura da Deputación de Pontevedra; Xesús Alonso Montero; académico da Real Academia Galega; Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Celebrarase un percorrido pola exposición.

Comparte nas túas redes sociais ou por email