O mércores 5 de marzo, celebrarase, ás 20 h, na Sede Afundación de Santiago de Compostela, a inauguración da exposición CREAR PORVIR. 75 aniversario Editorial Galaxia (1950-2025).
No acto, participarán José López Campos, conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude; Pedro Otero Espinar, director xerente de Afundación; Henrique Monteagudo, comisario da exposición; e Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia.
Estará dispoñible ata o 29 de marzo.
Aforo limitado. É preciso confirmar asistencia antes do luns 3 de marzo, ás 14 h, no correo:
comunicacion@editorialgalaxia.gal