Inauguración da exposición “Crear Porvir. Editorial Galaxia (1950-2025)”, en Pontevedra

Data e hora de comezo: 10, Setembro 2025 / 19:00
Data e hora de remate: 10, Setembro 2025 / 20:00
Café Moderno Afundación Pontevedra
Praza San Xosé, 3
C.P. 36001
Pontevedra

O mércores 10 de setembro, celebrarase, ás 19 h, no Café Moderno de Pontevedra, o acto inaugural da exposición "Crear porvir. Editorial Galaxia (1950-2025)".

No acto, intervirán os comisarios da exposición Malores Villanueva e Xosé Manuel Dasilva; María Teresa Cores, coordinadora da área de Cultura de Afundación; Isabel Couselo Torres, delegada Territorial de Cultura da Xunta de Galicia; Jorge Cubela, deputado provincial de Cultura, Xuventude, Reto Demográfico e Desenvolvemento Rural; Demetrio Gómez, concelleiro de Cultura do Concello de Pontevedra; e Antón Vidal, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia.

Entrada libre ata completar capacidade.

Estará dispoñible ata o 11 de outubro.

 

Comparte nas túas redes sociais ou por email