Inauguración da exposición “Crear Porvir. Editorial Galaxia (1950-2025)”, en Ourense

Data e hora de comezo: 21, Maio 2025 / 12:00
Data e hora de remate: 21, Maio 2025 / 13:00
Sala de Exposicións Afundación Ourense
Praza Maior, 4
C.P. 32005
Ourense

O mércores 21 de maio, celebrarase, ás 12 h, na Sala de Exposicións Afundación de Ourense, a inauguración da exposición CREAR PORVIR. 75 aniversario Editorial Galaxia (1950-2025).

No acto, intervirán Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura; Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia; César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación de Ourense; María Teresa Cores, coordinadora da Área de Cultura; e Malores Villanueva e Xosé Manuel Dasilva, comisaria e comisario da mostra.

Entrada libre ata completar a capacidade.

Estará dispoñible ata o 28 de xuño.

Comparte nas túas redes sociais ou por email