O mércores 9 de abril, celebrarase, ás 12 h, na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, en Lugo, a inauguración da exposición CREAR PORVIR. 75 ANIVERSARIO EDITORIAL GALAXIA.
No acto, participarán Iria Castro Fernández, deputada da Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística; Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración da Editorial Galaxia; Xosé Manuel Dasilva Fernández, comisario da exposición; Manuel Varela López, presidente da Caixa Rural Galega; e Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Está prevista tamén a asistencia de representantes da Alcaldía e da Concellería de Cultura do Concello de Lugo.
Aforo limitado. É preciso confirmar asistencia antes do martes 8 de abril, ás 14:00 h, no correo:
comunicacion@editorialgalaxia.gal
Estará dispoñible ata o 11 de maio de 2025.