O venres 18 de marzo, celebrarase, ás 17 h, unha homenaxe, no Auditorio de Nigrán, organizada pola Real Academia Galega, a Bernardino Graña.
No acto participarán o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, o alcalde de Nigrán, Juan González Pérez, o catedrático Xesús Alonso Montero, e a escritora Marilar Aleixandre.
Recitarán autoras e autores como Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Navia Franco Barreiro, Rosalía Franco Barreiro, Lucía Novas, Alexandre Ripoll, Ana Romaní, Alexandre Nerium, Marta Dacosta, Ramón Lorenzo, Elvira Ribeiro, Héitor Mera e Miro Villar.
O evento contará coa actuación musical de Gelria.
Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade. Emisión en directo a través de academia.gal