A Universidade de Hamburgo e a asociación El Popurrí organizan o vindeiro xoves 9 de outubro de 2025, ás 19:00 h, en Cantina Fux & Ganz (Bodenstedtstr. 16, Hamburgo), unha xornada de homenaxe a Rosalía de Castro, figura pioneira do Romanticismo europeo e símbolo da dignificación da lingua galega.
O acto incluirá conferencias, recital poético e concerto, cun programa que combinará o popular e o erudito:
• Retallos dunha vida (Tomás Laxe Gómez – Asociación pro-Fundación Manuel Vello)
• Rosalía: Galega Universal (Dr. Phil. Pacundo Muniain Reyna – CAU Universität Kiel)
• Concerto: Soprano Pavla Miklášová e Carlos Montoya Rossi (piano)
• Recital poético aberto
• Queimada e foliada
O evento celébrase en castelán e parcialmente en galego e alemán.
