O venres 8 de xullo, celebrarase, na Praza da Ferraría, dentro da programación da Festa dos Libros de Pontevedra, ás 20 h, unha homenaxe a Domingo Villar.
Será un acto aberto no que o público poderá participar lendo un fragmento da obra do autor, ou contando algunha lembranza sobre o pai de Leo Caldas.
No acto, estarán a libreira Mercedes Corbillón, e as escritoras Tamara Andrés, Inma López Silva e Diego Ameixeiras.