O mércores 24 de setembro, celebrarase, ás 19:30 h, na Casa Galega da Cultura (Fundación Penzol), ás 19:30 h, a presentación de "Sempre en Galiza. Escolma posible", unha nova edición ao coidado de Henrique Monteagudo, con introdución de Xosé Manuel Dasilva.
No acto, intervirán Manuel Puga, presidente da Fundación Penzol; Patricia Arias Chachero, codirectora da Biblioteca 75 Aniversario e conselleira de Editorial Galaxia; Xosé Manuel Dasilva, autor da introdución do libro; e Henrique Monteagudo, editor do volume.