O mércores 23 de abril, celebrarase, ás 11 h, na sede de Editorial Galaxia (Avenida de Madrid, 44), o fallo do Premio Galaxia de Novela 75 Aniversario, o galardón literario de maior dotación económica en Galicia.
Na rolda, participarán Dolores Vilavedra, secretaria do xurado, Xosé M. Soutullo, director de Editorial Galaxia e Marcos Calveiro, director de Edicións, e a persoa gañadora.
É preciso confirmar asistencia antes do 22 de abril, ás 14:00 h, enviando un correo:
comunicacion@editorialgalaxia.gal