O sábado 29 de abril, celebrarase, ás 19 h, no Auditorio do Salón do Libro de Pontevedra, o espectáculo musical Imos a cambiar o mundo! Danzando coas palabras. Unha historia de Fina Casalderrey con música de Néstor Blanco. Dirixido e producido por Manu Albariñas e Mara Iglesias.
Ao remate do espectáculo Fina Casalderrey asinará exemplares da obra Lingua guapa.