Espectáculo “Fazulas, o ladrón de paraugas”, en Somozas

Data e hora de comezo: 16, Febreiro 2024 / 20:00
Data e hora de remate: 16, Febreiro 2024 / 21:00
Centro Cívico Socio Cultural
AC-110
C.P. 15565
As Somozas

O venres 16 de febreiro, celebrarase, ás 20 h, no Centro Cívico das Somozas, o espectáculo Fazulas, o ladrón de paraugas; centrado no libro O ladrón de paraugas, de Xosé Lueiro, ilustrado por Sara Valcárcel. O espectáculo está interpretado polo actor e comunicador Fran Campos, producido pola compañía de teatro Bandullo Azul. A peza teatral está adaptada pola escritora e dramaturga Ana Carreira.

Comparte nas túas redes sociais ou por email