O sábado 25 de novembro, celebrarase, ás 17 h, na Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, o espectáculo Fazulas, o ladrón de paraugas; centrado no libro O ladrón de paraugas, de Xosé Lueiro, ilustrado por Sara Valcárcel. O espectáculo está interpretado polo actor e comunicador Fran Campos, producido pola compañía de teatro Bandullo Azul. A peza teatral está adaptada pola escritora e dramaturga Ana Carreira.
Custe de entrada: 2 €
É necesario reservar de maneira anticipada:
contacto@casamuseomanuelmaria.gal
698 17 76 21