O sábado 27 de agosto, celebrarase, ás 12:30 h, na Feira do Libro de Monforte de Lemos, o espectáculo Fazulas, o ladrón de paraugas; centrado no libro O ladrón de paraugas, de Xosé Lueiro, ilustrado por Sara Valcárcel.
O espectáculo está interpretado polo actor e comunicador Fran Campos, producido pola compañía de teatro Bandullo Azul.
A peza teatral está adaptada pola escritora e dramaturga Ana Carreira.