O sábado 7 de outubro, celebrarase, ás 17:30 h, na Biblioteca Municipal de Cuntis, o espectáculo Fazulas, o ladrón de paraugas; centrado no libro O ladrón de paraugas, de Xosé Lueiro, ilustrado por Sara Valcárcel. O espectáculo está interpretado polo actor e comunicador Fran Campos, producido pola compañía de teatro Bandullo Azul. A peza teatral está adaptada pola escritora e dramaturga Ana Carreira.