O xoves 26 de decembro, celebrarase, en Boiro, o espectáculo Fazulas, o ladrón de paraugas; centrado no libro O ladrón de paraugas, de Xosé Lueiro, ilustrado por Sara Valcárcel. O espectáculo está interpretado polo actor e comunicador Fran Campos, producido pola compañía de teatro Bandullo Azul. A peza teatral está adaptada pola escritora e dramaturga Ana Carreira.