O venres 16 de febreiro, celebrarase, ás 20 h, no Centro Cívico das Somozas, o espectáculo Fazulas, o ladrón de paraugas; centrado no libro O ladrón de paraugas, de Xosé Lueiro, ilustrado por Sara Valcárcel.
O espectáculo está interpretado polo actor e comunicador Fran Campos, producido pola compañía de teatro Bandullo Azul.
A peza teatral está adaptada pola escritora e dramaturga Ana Carreira.