Espectáculo arredor de “Ubasute”, en Vigo

Data e hora de comezo: 7, Xuño 2025 / 20:00
Data e hora de remate: 7, Xuño 2025 / 21:00
C.P.
O sábado 7 de xuño, celebrarase, ás 20 h, na sala Ártika de Vigo, a representación teatral de Ubasute.

Ubasute é o texto máis recente da dramaturga Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023. Foi recoñecido pola revista Babelia como un dos cinco mellores textos editados en galego (Editorial Galaxia) en 2024. A peza gañou na categoría de teatro o Premio Follas Novas do Libro Galego 2025. Ubasute é un termo xaponés que significa, literalmente, “abandono dunha persoa anciá” e refírese ao presunto costume de deixar nunha montaña ou nun lugar afastado un parente vello ou enfermo. A nova proposta de Berrobambán conxuga xéneros e abre enigmas para colocar a atención na reflexión arredor do abandono.

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais

  • ADOLESCENTE E ADULTO
  • TEATRO
  • 60 MINUTOS
  • Autoría: Paula Carballeira
  • Dirección: Vanesa Sotelo
  • Elenco: Rocío González
    Xosé Barato
    Lez Cameselle
  • Escenografía: Beatriz de Vega
    Chiqui Pereira
    Diego Castro
    M. P.
  • Iluminación: Beatriz de Vega
    Chiqui Pereira
    Diego Castro
    M. P.
  • Son: Nvelar
  • Vestiario: Lola Armesto Lombardía
  • Música: Nacho Sanz
  • Imaxe gráfica: nadina gráfica
  • Gravación: Míriam Rodríguez
  • Produción: Chiqui Pereira

Comparte nas túas redes sociais ou por email