Entrega Premio Carlos Mosteiro, na Pobra do Caramiñal

Data e hora de comezo: 30, Maio 2024 / 12:00
Data e hora de remate: 30, Maio 2024 / 13:00
C.P.

A Casa da Cultura da Pobra do Caramiñal acollerá no 30 de maio, ás 12.00 horas, a entrega do VI Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro e a presentación da obra gañadora desta edición: Fóra de xogo, de José Luis Baños, ilustrado por Agustina Shuan. Esta actividade atópase ao abeiro da programación do Maio das Letras Galegas 2024.

Ao acto asistirán, ademais do propio autor, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo; o director de edicións de Galaxia, Marcos Calveiro; e a presidenta da A. C. Barbantia, María Xesús Blanco.

Comparte nas túas redes sociais ou por email