O venres 24 de maio, celebrarase, ás 19 h, no Salón de Actos do IES Ribeira do Louro, no Porriño, a gala de entrega do VII Premio de Textos Teatrais do Premio Roberto Vidal Bolaño a Rosalía Fernández Rial por Fóra de xogo.
No acto, acompañando a premiada, participarán Raquel Castro, secretaria do xurado; Alejandro Lorenzo, alcalde do Concello do Porriño; Xosé Soutullo, director xeral de Editorial Galaxia; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.
Contará coa interrpetación de Fausto a cargo do grupo Retrinco Tetral. Participarán os actores Nicolás Freiría e Mateo Álvarez.
Intervencións musicais a cargo de Miguel Santiago e Iris Abril.