Entrega do Premio Trasalba 2024 a Maribel Outeiriño, en Trasalba

Data e hora de comezo: 30, Xuño 2024 / 11:30
Data e hora de remate: 30, Xuño 2024 / 14:00
Casa Otero Pedrayo
Cima de Vila 69
C.P. 32172
Trasalba (San Pedro)

O domingo 30 de xuño, celebrarase, a partir das 11:30 h, o acto de entrega do Premio Trasalba 2024, da Fundación Otero Pedrayo, a Maribel Outeiriño.

A entrega do premio terá lugar na Casa Museo Otero Pedrayo, en Trasalba, Amoeiro, en horario de mañá: dende as 11:30h ata as 14:00h. 

Contará coa actuación musical de Emilio Rúa, e a presentación de Christian Switek (autor da tradución da obra de Otero ao alemán).

Comparte nas túas redes sociais ou por email