O venres 21 de xuño, celebrarase, ás 20:30 h, no Teatro Principal da Estrada, a entrega do Premio García Barros 2024 a Abel Tomé por A noite do Oso.
Acompañando o gañador, estarán Gonzalo Louzao Dono, alcalde do Concello da Estrada; Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua; e Xosé M. Soutullo, director xeral de Editorial Galaxia.