Entrega do Premio García Barros a Ignacio Vidal Portabales, na Estrada

Data e hora de comezo: 2, Decembro 2022 / 20:00
Data e hora de remate: 2, Decembro 2022 / 21:00
C.P.

O venres 2 de decembro, celebrarase, ás 20 h, no Teatro Principal da Estrada, a entrega do Premio García Barros 2022 a Ignacio Vidal Portabales pola súa obra Illas remotas.

Acompañando o autor, estarán José López Campos, alcalde da Estrada, Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Carlos Loureiro, secretario do xurado, Chus Bascuas, presentadora, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.

O acto contará coa interpretación musical de Rubén Servide e Henry Villalobos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email