O xoves 18 de xullo, celebrarase, ás 13 h, no Pazo de San Roque, a entrega do Premio de Ensaio Camiño de Santiago a Laura Méndez Vergel por "O camiño de Santiago. Guía de guías".
Acompañando a gañadora, estarán Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua; Xesús Palmou, presidente da Academia Xacobea; Marcelino Agís, membro do xurado; e Xosé Manuel Soutullo, director xeral de Editorial Galaxia.