Entrega do Premio Carlos Mosteiro, na Pobra

Data e hora de comezo: 30, Maio 2025 / 12:00
Data e hora de remate: 30, Maio 2025 / 13:00
C.P.

O venres 30 de maio, ás 12 h, celebrarase, no Auditorio da Biblioteca Victoriano García Martí, na Pobra do Caramiñal, o acto de presentación da obra Cando o mundo é azul, de Óscar Reboiras, gañadora do VII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro 2024.

No acto participarán Patricia Lojo, concelleira de Cultura da Pobra do Caramiñal; Marcos Calveiro, director de edicións de Editorial Galaxia; Chus Blanco, presidenta da Asociación Cultural Barbantia; e o propio autor, Óscar Reboiras.

A presentación contará coa asistencia do alumnado de 5º de Primaria do CEIP Salustiano Rey Eiras.

Comparte nas túas redes sociais ou por email