O venres 12 de maio, celebrarase, ás 10:30 h, no Auditorio do museo, da Pobra do Caramiñal, a entrega do Premio Carlos Mosteiro 2022 a María Canosa pola súa obra Teño un volcán dentro.
Acompañando a autora, estarán Patricia Lojo, concelleira de Sanidade e Cultura, María Xesús Blanco, presidenta da A. C. Barbantia, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.