O xoves 17 de xullo, celebrarase, ás 12:30 h, no Hotel Compostela, o acto de entrega do Premio Galaxia de Novela a Fernando Castro Paredes pola súa obra O lanzador de coitelos.
Prazas limitadas. Prégase confirmar asistencia até o martes 15 de xullo, ás 14 horas, a:
comunicacion@editorialgalaxia.gal / 621 20 34 40
Ao finalizar servirase un aperitivo.